Será membro do colectivo de Persoal de Administración e Servizos
Nótese que non se indicou quen será a persoa titular da Secretaría Xeral. Queremos que o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTGAS) organice o seu traballo, asumindo a responsabilidade que conleva. Para iso queremos contar con membros deste colectivo no equipo de goberno.
A LOSU obriga a que as persoas titulares dos vicerreitorados sexan membros do persoal docente e investigador (PDI) e atribúelles a función de desenvolver as políticas universitarias. Pero permite que a persoa titular da Secretaría Xeral sexa nomeada entre o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTGAS) funcionario con titulación universitaria que preste servizos na universidade, e dispón que actuará como fedatario/a e presidirá a Comisión Electoral.
Por contraposición aos Vicerreitores e Vicerreitoras, a quen se atribúe funcións de política universitaria, o Secretario ou Secretaria Xeral contémplase como un órgano unipersoal con funcións eminentemente técnicas. Trátase, en definitiva, da Secretaría Xeral da Universidade, non da secretaría particular do reitor.
Por todo iso, a persoa titular da Secretaría Xeral será un membro do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTGAS) cuxo nomeamento se realizará despois do oportuno proceso de selección.
Diseño y desarrollo: TNR