Vicerreitora de Titulacións e Innovación Docente
Licenciaturas en Filoloxía Inglesa (USC) e Filoloxía Española (UDC)
Doutora en Filoloxía Hispánica pola UDC (2001)
Profesora Titular de Universidade na Facultade de Ciencias da Educación da UDC
Son Profesora Titular de Universidade na Facultade de Ciencias da Educación da UDC; Doutora en Filoloxía Hispánica pola UDC desde 2001 e Investigadora Principal do Grupo de Investigación en Linguas e Culturas DILEC. Posúo dúas Licenciaturas en Filoloxía Inglesa (USC) e Filoloxía Española (UDC), ademais dun Máster pola Escola Internacional de Teoría das Humanidades (USC) e outro Máster en Estudos Teatrais e Audiovisuais (UDC).
Fun Secretaria Académica da Facultade de Educación durante seis anos, Directora do Departamento de Didácticas Específicas durante tres anos e actualmente coordino a Sección Departamental da área de Didáctica da Lingua e a Literatura no Departamento de didácticas Específicas e MIDE. Así mesmo, imparto materias de Grao, Máster e Doutoramento e dirixín unha gran cantidade de TFGs, TFMs e teses doutorais, participando tamén en numerosos tribunais de teses Doutorais, Másteres e Programas Europeos e Internacionais en: Instituto Tecnolóxico de Dublín (Irlanda), Tecnolóxico de Antioquia (Medellín. Colombia), Stanford University (California. EEUU) e #Ecuador. Participei en numerosos Proxectos de investigación: autonómicos, nacionais e europeos. Na actualidade son a Coordinadora do proxecto europeo ERASMUS + (en concorrencia competitiva) A Welcome Kit to Europe – AWKE. Nº: 2023-1-ES01-KA220-SCH-000153532. (250.000 euros).
As miñas liñas de investigación céntranse na Didáctica das Linguas e a Lingüística Aplicada, concretamente na Tradución Audiovisual Didáctica (TAD), a Educación Plurilingüe, CLIL, TEFL etc. Tamén creei unha liña de investigación propia sobre o modelo teórico-práctico da Transpodidáctica Textual, termo acuñado por min en 2014, para favorecer a aprendizaxe de linguas a través de textos de ficción. Son autora dun número considerable de artigos publicados en revistas de impacto, capítulos de libro e relatorios convidadas. Formo parte de Comités Científicos de prestixiosas revistas de impacto e son Directora da Revista Internacional Digilec (http://digilec.es).
Diseño y desarrollo: TNR