Vicerreitora de Igualdade e Vida Universitaria
Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Salamanca en 1995
Técnica de Formación En liña pola Universitat Oberta de Catalunya en 2002
Profesora Titular de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na UDC
Estudei Pedagoxía nas universidades de Santiago e Salamanca. Son doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Salamanca en 1995 e Técnica de Formación En liña pola Universitat Oberta de Catalunya en 2002.
En 1989 realicei un curso de doutoramento sobre Política Educativa e Xestión Educativa no Instituto de Educación de Ámsterdam a través do programa Erasmus. Posteriormente, obtiven unha Bolsa Nacional de Formación de Persoal Investigador (FPI) adscrita á Universidade de Salamanca que me permitiu desenvolver o meu labor investigador e docente sobre cambios e innovacións educativas.
Fuí Profesora Asociada na Universidade de Oviedo (Asturias) na Facultade de Educación e Traballo Social e actualmente son Profesora Titular de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na Universidade da Coruña na Facultade de Ciencias da Educación.
Participei na organización de eventos científicos dedicados á investigación das TIC en educación desde diversas redes e plataformas sobre propostas de ensino e aprendizaxe con tecnoloxía educativa, así como en proxectos de investigación nacionais e internacionais relacionados coa transformación social cara á dixitalización, a sustentabilidade, a igualdade e a cooperación.
Diseño y desarrollo: TNR