Francisco Javier Nóvoa Manuel

Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación

Enxeñeiro en Informática (Universidade de Deusto, 1998)

Doutor en Informática (Universidade da Coruña, 2007)

Profesor Contratado-Doutor Universidade da Coruña

Desde 1998 ata 2013, desenvolvín a miña actividade profesional no sector privado, desempeñando as funcións de responsable da área de Tecnoloxías da Información. Durante este período de tempo, levei a cabo diferentes proxectos de innovación en colaboración con multinacionais como Cisco Systems, Microsoft ou Sun Microsystems. No ano 2007, incorporeime como Profesor Asociado ao Departamento de Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña e, en 2013, accedín a unha praza de Profesor Axudante-Doutor. Desde 2018, son Profesor Contratado-Doutor na área de Enxeñería Telemática do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información. Actualmente, son o coordinador na UDC do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade e formo parte da Comisión de Seguimento da Cátedra R de Ciberseguridade. 

Realicei máis de 70 publicacións (artigos en revista, comunicacións en congresos e capítulos de libros) e participado en múltiples proxectos de I+D+i. Actualmente, son Investigador Principal nun proxecto TED 2021 titulado “Desenvolvemento dunha tecnoloxía de IA para a autenticación de usuarios baseada no comportamento” e do convenio “Living Lab & Casos de Estudo en QKD” para desenvolver escenarios de aplicación práctica de protocolos de distribución de claves cuánticas. 

Nos últimos cinco anos, participei en proxectos de transferencia mediante convenios art.83 / art.60 por un importe de máis de 824.000 €, sendo Investigador Principal en contratos deste tipo por un importe superior a 186.000 €. Son titular de 12 rexistros de software dos cales 7 están actualmente en explotación.