O labor que desempeña o Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos (PTGAS) na UDC é decisiva, como colectivo que cumpre con labores fundamentais para a administración da Universidade, o coidado dos centros, o correcto funcionamento de bibliotecas e laboratorios, a atención aos estudantes, etc.
A eficacia na xestión é unha idea transversal no seo do noso programa. E mentres os cambios que reclaman outras facetas da Universidade, como a docencia ou a investigación, requiren unha acción moi significativa de estudantes e profesores/as, se desexamos unha xestión máis próxima, áxil e eficaz, boa parte do esforzo terá que recaer no PTGAS, un colectivo de grande relevancia á hora de tomar decisións que afectan ao conxunto da institución.
O noso obxectivo principal
Conseguir unha maior participación en aspectos relacionados co goberno da Universidade e un mellor funcionamento da mesma en todas as áreas, mediante unha organización optimizada que redunde nunha maior eficacia na xestión e que poña en valor o traballo do PTGAS.
As nosas propostas
A nosa estratexia
Propoñémonos realizar unha análise detallada do funcionamento de cada un dos servizos universitarios, que detecte os seus puntos débiles. Iso permitiranos establecer en cada un deles un plan estratéxico que permita corrixir as súas deficiencias, mediante a selección duns obxectivos claros e realistas e o establecemento de prazos para a súa execución.
As nosas propostas
Desenvolvemento dos compromisos e as propostas:
Como no referido ao profesorado, somos conscientes de que a actual situación pola que atravesa o país non é o marco indicado para poñer en práctica con facilidade algunhas das nosas propostas, pero tampouco no caso do PTGAS queremos acollernos a iso como unha escusa para non expor os problemas e arbitrar fórmulas para resolvelos.
Diseño y desarrollo: TNR